xoves, 8 de maio de 2014

XUSTIFICAMOS EXCUSAS


Onte non puiden facer os deberes porque retorcin á man e non podia escribir nada ademais tuven que ir ao hospital a Lugo , ali vendaronme a man e dixeronme que non podía ir ao colexio nunhas semanas ademais collin a gripe A.
Cando cheguei a casa quiteime a venda e boteille betadine como me dixo o enfermeiro.
A noite seguinte estaba moito mellor , xa me pasara a gripe e casi o retorcemento da man  pero esguincei un pé. E por iso estes dias non puiden ir ao colexio.
Vaia parece que me viu un torto!




                                       UNHA EXCUSA PERFECTA!!!             


Non puiden facer os deberes, porque a mochila estaba rota e caéronme os libros no cucho do meu can, e el  fixo das follas do libro unha manta moi bonita.
Intentei areglalo pero acabárase o celo e tiven que vir a Becerreá a mercalo,pero como non había e fun a Lugo a por celo , e claro solo había a libraria de Santo Domingo . Compreino claro despois de compralo caeume pola calle abaixo e caeu na alcanterilla e comprei outro, cando volvin para casa era a unha da mañan!!! Despois de arreglalo miña irmá tirouno ao lume, e claro quedeime sin libro!!!

1 comentario: