xoves, 12 de decembro de 2013

As plantas

Como estamos estudando as plantas en Coñecemento do Medio, fixemos unha saída para disfrutar da riqueza natural que hai no entorno do colexio.
Aquí tedes un video no que recollimos a experiencia


Coas follas que recollimos polo camiño, e logo de proceder ao seu secado, fixemos uns marcapáxinas moi orixinais. Deixámosvos un enlace para que vexades o proceso.
http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/2013/12/novembro-marcapaxinas-da-nosa-escola.html

mércores, 27 de novembro de 2013

O corpo humano

Os alumnos/as de 5º estamos a traballar as partes do corpo en Coñecemento do Medio. Como formamos parte do programa "Máis e mellor actividade física", tamén aprendemos estes contidos mediante o movemento.
Aquí tedes un video para que vexades como o facemos.